Introducción
A Escola Municipal de Música de Moraña, intenta achegar a música aos veciños e veciñas de Moraña dende un plantexamento eminentemente práctico e lúdico. A Escola como proxecto cultural ten dous grandes obxectivos:
1. Ofrecer ao alumnado unha formación artística-musical da máxima calidade.
2. Impulsar a actividade social e cultural no Concello de Moraña a través da educación musical.
Área de Música e Movemento
É o achegamento á música, natural e progresivo, desenvolvéndose na etapa da infancia. A Escola Municipal de Música de Moraña comenza a traballar cos nenos entre 4 e 6 anos de forma intuitiva todas aquelas facultades que intervirán máis tarde nas súas aprendizaxes artísticas e musicais.: oído, voz, psicomotricidade, memoria musical, interpretación, etc.
Área de Especialización Instrumental
As clases de instrumento da Escola Municipal de Música son individuais e, dependendo da idade, varían entre 30′ e 1h por semana. A Oferta Instrumental abrangue 14 especialidades:
- Frauta Traveseira.
- Clarinete.
- Saxofón.
- Trompeta/Fliscorno.
- Trompa.
- Trombón.
- Tuba/Bombardino.
- Percusión.
- Violín.
- Violonchelo.
- Guitarra.
- Piano.
- Acordeón Diatónico.
- Zanfona.
Área de Linguaxe Musical
Ademáis da formación instrumental, a Escola Municipal de Música de Moraña proporciona ao alumnado unha “alfabetización” musical máis completa e indispensable para abordar o estudio dun instrumento e que é a linguaxe musical. Planificada en 1 ou 2 sesións semanais e cunha duración total de 1,5h á semana.
Área de Conxunto Instrumental
O centro oferta coma formación complementaria os seguintes conxuntos instrumentais:
- Coro.
- Combo Orff.
- Combo Folque.
- Combo Moderno.
- Conxunto de Percusión.
- Banda de Música.
Acceso Conservatorio
Paralelamente á oferta educativa, a Escola Municipal de Música de Moraña atendendo ás necesidades e aptitudes demostradas polos alumnos e alumnas poden optar a unha formación regrada cunha programación curricular adaptada á proba de acceso de centros de formación regladada.