ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE MORAÑA
Estás a un click de tocar un instrumento
ANÍMATE!
Temos unha morea de agrupacións esperando por ti…
A túa escola de música en Moraña
Na nosa escola poderás escoller entre unha ampla variedade de instruments para tocar, aprenderás a entender partituras e en tres meses estarás tocando en conxunto.
ESCOLA DE MÚSICA
Dende unha didáctica lúdica, ofrecemos clases de linguaxe musical, instrumento individual e o máis importante: conxuntos nos que facer música en grupo.
ACCESO CONSERVATORIO
Preparamos aos estudantes que o desexen para o exame de acceso ao Conservatorio nos graos Elemental ou Profesional. Esta preparación inclúe 3 probas con tribunais.
MASTERCLASSES
A longo do curso académico imos programando actividades e cursos sobre cuestións ou estilos musicais complementarios á formación ordinaria. Acéptanse suxerencias!
GRUPOS PARA ADULTOS
Temos horarios flexibles. Aprenderás a tocar con partituras e en conxunto. Aínda que se as partituras non fosen o teu… Podes unirte a nosa BATUCADA!
Aprender música é un dereito humano. Non se necesita para vivir, pero a vida non é a mesma sen ela.
Violeta Hemsy de Gainza. Pianista e pedagoga arxentina.
De vez en cando tamén nos imos coa música a outra parte 🎺🎼🎶🎻🎷
Outro dos nosos obxectivos é facer actividades relacionadas coa música máis alá das paredes da nosa ESMU, por iso ao longo do ano imos programando actividades extraordinarias.
Concertos e audicións
Organizamos 4 concertos temáticos, 2 audicións individuais de instrumento e un concerto didáctico para tódolos cativos das Unitarias e o CPI Plurilingüe Santa Lucía de Moraña.
Excursións
No primeiro trimestre do ano adoitamos facer unha excursión dunha xornada cos estudantes e as súas familias, asistindo a concertos en boa compaña!
Campamento musical
Unha vez rematado o Curso Escolar, en xullo, creamos varios grupos musicais e preparamos un concerto, pero non todo é música! Tamén imos á piscina e facemos deporte.
Coñece o noso marabilloso equipo
Somos un grupo talentoso e comprometido de persoas creativas interesados na música, a pedagoxía e a formación musical.
Roberto Sánchez Barreio
Director e Clarinete
Grao superior de Clarinete, Máster en interpretación orquestral-Swedish National Orchestra Academy, Máster Pedagoxía-VIU.
Diego Fortes Martínez
Percusión e Combo de Percusión
Grao Profesional na especialidade de Percusión. Estudos complementarios de harmonía moderna.
Gabriel Miguéns Busto
Guitarra, LM Debussy e C. Moderno
Grao Medio na especialidade de Guitarra. Formación en harmonía moderna, improvisación e composición.
Héctor Sartal Rodríguez
Vento metal grave
Grao Superior na especialidade de Trombón. Imparte clases de Trombón, Bombardino e Coro.
Iván González Castiñeira
Frauta, MM, LM, Orff e Batucada
Grao Profesional de Frauta Traveseira. Grao Mestre en Educación Musical. Formación en percusión tradicional.
Moisés Barreiro Turnes
Saxofón e Linguaxe Musical
Grao Superior na especialidade de Saxofón. Estudos complementarios de música contemporánea e vangarda.
Luis Manuel Montáns Fariña
LM e Banda de música
Grao Medio en Tuba e Bombardino. Formación en harmonía moderna, arreglos, composición e dirección.
Marcos Guzmán Varela
Piano e Coro Solistas
Grao Profesional de piano. Formación de piano e harmonía moderna en Estudio Escola de Santiago de Compostela.
Amparo Cánovas Ramos
Violín, Violonchelo e Coro
Grado superior de Violín, Máster en interpretación, Curso de Especialización Orquestal- Real Filharmonía de Galicia.
Xandre Outeiro
Zanfona e Combo Folque
Grao en Ciencias da Educación pola UVigo. Formación en Zanfona, Baile e Percusión tradicional galegos.
Ver o que os nosos estudantes están dicindo.
Os nosos músicos están satisfeitos e teñen moito que dicir sobre as nosas clases e actividades!
Realizáis un trabajo enorme y maravilloso para que los peques aprendan a disfrutar de la música. Gran equipo profesional.
Marisol Rey
Nai dun estudanteGústame moito o trato d@s profes c@s alumn@s e tamén hacia os pais e nais xa que estamos ó día de todo. Grandes profesionais!
Luis García Rodríguez
Pai dun estudanteIt’s almost like having a designer right here with me. I just choose the page, make the change and click save. It’s so simple.
Amy Redwood
ConsultantPonte en contacto connosco para comezar.
Encantaríanos saber de ti e formar parte da túa formación musical. Envíanos unha liña e porémonos en contacto contigo en canto poidamos!
ESMU Municipal de Moraña
Rúa N-3, 13, 36660 Moraña, Pontevedra
Email: esmu.municipal.morana@gmail.com
Teléfono: 636-068-829